O Cangrexo desde o espazo

Créditos da imaxe: NASA – Raios-X: CXC, Visual: STSCI, Infravermello: JPL-Caltech,
Créditos da imaxe: NASA – Raios-X: CXC, Visual: STSCI, Infravermello: JPL-Caltech,

Explicación: a nebulosa do Cangrexo catalógase coma M1, o primeiro obxecto da famosa listaxe de Charles Messier de cousas que non son cometas. De feito, o Cangrexo sábese agora que é un remanente de supernova, refugallos en expansión desde o estoupido mortal dunha estrela masiva. Esta intrigante imaxe en cores falsas combina datos procedentes de observatorios espaciais: Chandra, Hubble e Spitzer; para explorar a nube de sobras en raios X (azul-branco), luz visual (púrpura) e infravermello (rosa). One of the most exotic objects known to modern astronomers, O púlsar do Cangrexo, unha estrela de neutróns que xira 30 veces por segundo, un dos obxectos máis exóticos coñecidos polos astrónomos actuais, é a mancha brillante preto do centro da imaxe. Este refugallo colapsado do núcleo estelar, coma unha dinamo cósmica, alimenta a emisión do Cangrexo polo espectro electromagnético. A nebulosa do Cangrexo, que abarca uns 12 anos luz, está a uns 6 500 anos luz de distancia na constelación Touro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo