Nova Sagittarii 2015 Nº 2 a simple vista

Nova Sagittarii 2015 Nº 2 a simple vista
Créditos da imaxe e copyright: Ajay Talwar (The World at Night).

Explicación: axiña xurdiu desde a escuridade ata ser unha das estrelas máis brillantes de Sagittarius; pero estase a apagar. Chamada Nova Sagittarii 2015 Nº 2, esta explosión estelar é a nova visible máis brillante desde a Terra de todo o ano. A imaxe publicada captouse hai catro días desde Ranikhet, no Himalaya da India. Varias estrelas ao oeste de Sagittarius crean un asterismo coñecido coma a Teteira e a nova, sinalada pola frecha, aparece agora coma un novo emblema no lateral do pote. Desde hai catro noites, a Nova Sag atenuouse desde máis brillante ca unha magnitude visual 5 ata o límite da visibilidade a simple vista. Aínda así, a nova debería ser facilmente localizable con prismáticos en ceos escuros antes do mencer durante a vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns