A nebulosa Gadoupa de Gato

Créditos da imaxe e copyright: George Varouhakis
Créditos da imaxe e copyright: George Varouhakis

Explicación: quizais as nebulosas sexan tan famosas por se identificaren con formas familiares como o son os gatos por se meteren en leas. Con todo, non se sabe de gato ningún que puidera ter creado a enorme nebulosa Gadoupa de Gato que se pode ollar en Scorpius. A Gadoupa de Gato, a 5 500 anos luz de distancia, é unha nebulosa de emisión cunha cor vermella que se orixina a partires da abundancia de átomos de hidróxeno ionizado. Coñecida tamén coma a nebulosa Pouta de Oso ou NGC 6334, as estrelas teñen máis ou menos dez veces a masa do noso Sol e naceron aí nos últimos poucos millóns de anos. A fotografía superior é unha imaxe de ceo profundo da nebulosa Gadoupa de Gato na luz emitida polo hidróxeno, o osíxeno mailo xofre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo