NGC 2170: natureza morta con po reflector

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona

Explicación: nesta fermosa natureza morta celeste composta cun pincel cósmico, a nebulosa poeirenta de NGC 2170 brilla na parte superior esquerda. NGC 2170, que reflicte a luz procedente das estrelas quentes achegadas, xúntase con outras nebulosas azuladas de reflexión, unha rexión compacta e vermella de emisión e correntes de po escuro contra un fondo de estrelas. Coma os elementos comúns nas pinturas domésticas de naturezas mortas para estes temas: as nubes de gas, o po e as estrelas quentes pintadas aquí atópanse habitualmente tamén neste conxunto: unha gran nube molecular de formación estelar na constelación do Unicornio (Monoceros). A nube molecular xigante, Mon R2, está incriblemente preto, estimándose que se atopa a só 2.400 anos luz de distancia máis ou menos. A esa distancia, este lenzo tería uns 15 anos luz de diámetro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble