NGC 1309: galaxia espiral e amigos

Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado – Jeff Signorelli.
Créditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, ESA, NASA; Procesado – Jeff Signorelli.

Explicación: NGC 1309, unha excepcional galaxia espiral a uns 100 millóns de anos luz de distancia, atópase nos bancos da constelación do Río (Eridanus). NGC 1309 abarca uns 30.000 anos luz, facendo que teña aproximadamente un terzo do tamaño da nosa máis grande galaxia Vía Láctea. Pode ollarse coma os cúmulos azulados de estrelas novas e corredores de po perfilan os brazos espirais de NGC 1309 mentres xiran ao redor dunha poboación de estrelas amareladas máis vellas no seu núcleo. Non se trata só doutra fermosa galaxia espiral ollada de fronte; as observacións dunha supernova recente en NGC 1309 e de estrelas variables cefeidas contribúen á calibración da expansión do Universo. Así e todo, despois de que te sobrepoñas a este fermoso gran deseño de galaxia, comproba o conxunto de galaxia máis afastadas do fondo tamén rexistradas nesta imaxe do Telescopio Espacial Hubble definida e reprocesada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo