A nebulosa da Chama en visual e infravermello

Nebulosa da Chama
Créditos da imaxe e copyright: visual (RGB+Ha): Aldo Mottino e Ezequiel Bellocchio (Arxentina); infravermello: ESO/J. Emerson/VISTA.

Explicación: que acende a nebulosa da Chama? A mil cincocentos anos luz de distancia cara a constelación de Orión atópase unha nebulosa que, polo seu brillo e liñas de po escuro parece, á esquerda, coma un lume inchado. Pero o lume, a adquisición rápida de osíxeno, non é o que fai brillar a esta Chama. Máis ben é a estrela brillante Alnitak, a máis ao leste do Cinto de Orión que se olla xusto á dereita da nebulosa, que brilla cunha luz potente no interior da Chama e que bate nos electróns arrincándoo das grandes nubes de gas hidróxeno que residen aí. Moito do brillo resulta cando os electróns e o hidróxeno ionizado se recombinan. A imaxe superior en cores falsas da nebulosa da Chama (NGC 2024) tomouse coma unha composición tanto de luz infravermella coma visible, aparecendo a primeira onde un cúmulo de estrelas novas se fai visible. A nebulosa da Chama forma parte do Complexo de Nubes Moleculares de Orión, unha rexión de formación estelar que inclúe á famosa nebulosa da Cabeza de Cabalo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns