A nebulosa da Burbulla en expansión

Créditos da imaxe: Göran Nilsson e The Liverpool Telescope
Créditos da imaxe: Göran Nilsson e The Liverpool Telescope

Explicación: é a burbulla contra a nube. NGC 7635, a nebulosa da Burbulla, está a ser empurrada polo vento estelar da estrela masiva BD+602522, que se ve en azul cara a dereita, dentro da nebulosa. E aínda na veciñanza reside unha nube molecular xigante, visible no extremo dereito en vermello. Neste lugar do espazo, unha forza irresistible atopa un obxecto inamovible dun xeito interesante. A nube pode conter a expansión do gas da burbulla, pero recibe o impacto da radiación quente que procede da estrela central da burbulla. A radiación quece rexións densas da nube molecular facéndoa brillar. A nebulosa da Burbulla, fotografada aquí, ten uns 10 anos luz de diámetro e forma parte dun complexo moito máis grande de estrelas e capas. A nebulosa da Burbulla pode verse cun telescopio pequeno cara a constelación da Raíña de Etiopía (Cassiopeia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo