Na nebulosa do Polo Corredor

Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh

Explicación: os ovos deste polo xigante poden formar estrelas. A nebulosa de emisión que se amosa, en cores asignadas cientificamente, catalógase coma IC 2944 pero coñécese coma nebulosa do Polo Corredor pola forma da súa gran aparencia. Cara a parte alta da imaxe óllanse nubes moleculares pequenas e escuras ricas en po cósmico. Denominados Glóbulos de Thackeray polo seu descubridor, estes “ovos” son lugares potenciais para a condensación gravitatoria de novas estrelas, aínda que os seus destinos son incertos xa que tamén están a ser rapidamente erosionados pola radiación intensa procedente das estrelas novas achegadas. Estas estrelas masivas e potentes, xunto co gas brillante irregular mailas complexas rexións de po reflector, forman o cúmulo aberto Collinder 249. Esta excepcional paisaxe celeste abarca uns 60 anos luz á distancia estimada para a nebulosa de 6.000 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo