Mencer lunar ao través da sombra do Mauna Kea

Mencer lunar no Mauna Kea
Créditos da imaxe e copyright: Michael Connelley (U. Hawaii).

Explicación: como pode saír a Lúa ao través dunha montaña? Non pode; o que foi fotografado aquí é un mencer lunar ao través da sombra dun gran volcán. Trátase do Mauna Kea (Hawai, EUA), unha representación frecuente de fotografías espectaculares porque probablemente é o principal lugar de observación do planeta Terra. O Sol acaba de poñerse na dirección oposta, tras da cámara. Adicionalmente, a Lúa acaba de pasar a fase chea; se estivera exactamete na fase completa ergueríase, posiblemente eclipsada, polo cumio da sombra. Realmente, a Lúa está a saír polo cono triangular de sombra do volcán, un corredor de escuridade que se estreita na distancia como vías de tren que converxen. A Lúa é demasiado grande e está demasiado afastada para verse afectada pola sombra do volcán. A refracción do luar ao través da atmosfera da Terra provoca que a Lúa pareza lixeiramente oval. Os conos de cinza das antigas erupcións volcánicas poden verse no primeiro plano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar