Melotte 15 no Corazón

Melotte 15 no Corazón
Créditos da imaxe e copyright: Ivan Eder.

Explicación: as nubes cósmicas configuran formas fantásticas nas zonas centrais da nebulosa de emisión IC 1805. As nubes son esculpidas polos ventos e as radiacións estelares procedentes das estrelas masivas e quentes do cúmulo de estrelas recén nadas da nebulosa, Melotte 15. Cunha idade xuvenil de 1,5 millóns de anos, o cúmulo de estrelas está na zona dereita desta colorida paisaxe celeste, xunto con escuras nubes de po perfiladas contra o brillantes gas atómico. A vista, unha composición de imaxes telescópicas de banda estreita e ancha, abarca uns 30 anos luz e inclúe a emisión do átomos de osíxeno, xofre e hidróxeno ionizados, cartografados coas cores azul, vermello e verde da popular paleta Hubble. As imaxes de campo máis amplo desvelan que a contorna xeral de IC 1805, máis sinxela, suxire o seu nome popular: a Nebulosa Corazón. IC 1805 sitúase a uns 7.500 anos luz de distancia cara a fachendosa constelación de Cassiopeia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados