M46 máis dous

Messier 46
Créditos da imaxe e copyright: Denis Prio.
Explicación: os cúmulos estelares abertos ou galácticos son noviños. Estes enxames de estrelas naceron xuntos preto do plano da Vía Láctea, pero os seus integrantes diminúen paseniñamente mentres os membros do cúmulo son expulsados polas mareas galácticas e as interaccións gravitatorias. De feito, este brillante cúmulo aberto, coñecido coma M46, ten uns 300 millóns de anos de idade. Aínda contén uns poucos centos de estrelas nunha extensión de 30 anos luz, máis ou menos. Localizado a uns 5.000 anos luz de distancia cara a constelación de Puppis, M46 tamén parece conter contradicións no seu estatus de mocidade. Nesta fermosa paisaxe estelar, a mancha circular e chea de cor por riba e á dereita do centro de M46 é a nebulosa planetaria NGC 2438. Aínda máis tenue, unha segunda nebulosa planetaria, PK231+4.1, pode identificarse pola caixa da dereita e agrandada no recadro. As nebulosas planetarias son unha fase final breve da vida dunha estrela de tipo solar cuns mil millóns de anos de idade ou máis, cunha reserva central de combustible de hidróxeno que se esgotou. Estímase que NGC 2438 está a só 3.000 anos luz de distancia, pero móvese a unha velocidade diferente que os membros do cúmulo M46. É probable que a nebulosa planetaria NGC 2438, xunto co seu cohorte máis feble, apareza só por casualidade preto da nosa liña de visión das estrelas novas de M46.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns