Lanzamento cara o Lovejoy

 Foguete Atlas V disparado cara o ceo
Créditos da imaxe e copyright: Lynn Hilborn.

Explicación: un foguete Atlas V disparado cara o ceo que leva un satélite da U.S. Navy fura un banco de nubes nesta escena nocturna estrelada capturada o 20 de xaneiro. No seu camiño á órbita desde o Complexo de Lanzamento Espacial 41, Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral, planeta Terra, o foguete alustra ao pasar pola estrela máis brillante, Sirius, tal e como se ve desde Canaveral National Seashore. Por riba da estrela alfa de Canis Major, Orión o Cazador descubre unha pose familiar aos observadores invernais do norte. Por riba de Orión está o cúmulo estelar con forma de V das Híades, a cabeza de Taurus o Touro, e aínda máis afastado por riba de Taurus é sinxelo descubrir ao compacto cúmulo de estrelas das Pléiades. Por suposto, preto do alto do cadro atoparás a coma verdella e a longa cola do cometa Lovejoy, o preferido destas noites de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

A nigranesa Alén Space lanza con éxito cinco satélites para a misión Draconis de Sateliot

A nova xeración ampliará a capacidade da rede IoT #5G NTN de Sateliot e aumentará a frecuencia de conexión en zonas sen cobertura móbil terrestre

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais