Imaxe do sobrevoo da lúa esponxa Hiperión de Saturno

Lúa Hiperión de Saturno
Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, SSI.

Explicación: por que semella esta lúa unha esponxa? Para investigalo mellor, a NASA maila ESA enviaron á nave espacial automática Cassini que orbita a Saturno a pasar a fume de carozo pola lúa Hiperión de Saturno, de novo, a comezos desta semana. Unha das imaxes transmitida á Terra está publicada enriba, en cru e sen procesar. Visible, tal e como se agardaba, hai moitos cráteres de estraña forma cun material escuro raro no fondo. Aínda que Hiperión abarca uns 250 quilómetros, o seu pequeno tirón gravitatorio sobre a Cassini indica que na súa maior parte é espazo baleiro e por iso ten unha gravidade superficial moi baixa. Por tanto, pénsase que as formas raras de moitos dos cráteres de Hiperión resultaron dos impactos que primeiro comprimiron e expulsaron material superficial; en vez dos cráteres redondos máis normais que aparecen trala onda de choque circular que redistribúe explosivamente o material da superficie. Cassini está no camiño de sobrevoar Dione, outro satélite de Saturno, nunhas dúas semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo