HI4PI: o ceo de hidróxeno

Créditos da imaxe: Benjamin Winkel e a Colaboración HI4PI
Créditos da imaxe: Benjamin Winkel e a Colaboración HI4PI

Explicación: onde están e onde se dirixen as nubes de gas da Vía Láctea? Para axudar a respostar esta pregunta completouse, e acaba de se publicar, un novo mapa coa máxima resolución do ceo do gas máis abondoso do Universo (o hidróxeno) xunto cos seus datos subxacentes. O mapa do ceo completo da liña de emisión de 21 cm do hidróxeno, publicado arriba, amosa a abundancia co brillo maila velocidade en cor. As velocidades radiais baixas cara nós están coloreadas artificialmente de azul e as baixas que se afastan en verde. A franxa que atravesa a metade é o plano da nosa galaxia Vía Láctea, mentres que as manchas brillantes da parte inferior dereita son as veciñas Nubes de Magallaes. O mapa HI4PI recompila datos dun millóns de observacións co setentrional radiotelescopio de 100 metros Effelsberg en Alemaña e o meridional radiotelescopio de 64 metros Parkes en Australia, tamén coñecido coma “O plato“. Os detalles do mapa non só aportarán mellor información á Humanidade sobre a formación estelar e o gas interestelar da nosa galaxia Vía Láctea, pero tamén canta da luz deste gas local se pode absorber cando se observa ao universo exterior. Moitos detalles do mapa aínda non se comprenden ben.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027