A aurora da aguia sobre Noruega

Créditos da imaxe e copyright: Bjørn Jørgensen
Créditos da imaxe e copyright: Bjørn Jørgensen

Explicación: que é iso do ceo? Unha aurora. Aconteceu unha gran exección de masa coroal do noso Sol cinco días antes de que se tirase esta foto en 2012, guindando unha nube de electróns, protóns e ións en rápido movemento cara a Terra. Aínda que a maior parte desta nube pasou por riba da Terra, parte bateu na nosa magnetosfera terrestre e resultou en auroras espectaculares que se ollan nas latitudes setentrional máis altas. Aquí publícase unha coroa auroral particularmente fotoxénica captada sobre Grotfjord(Noruega). Para algúns, este brillo verde escintilante de osíxeno atmosférico ten a forma dunha gran aguia, pero sé ceibe de compartir que che parece a ti. Aínda que xa pasou o máximo solar, o noso Sol segue a amosar actividade ocasional que crea auroras impresionantes na Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo