Halo solar e lunar

Halo solar e lunar
Créditos da imaxe e copyright: Göran Strand.

Explicación: dúas imaxes captadas o 1 de abril están combinadas nesta composición creativa do día e a noite. As imaxes, afastadas no tempo por unhas 10 horas, encaixarían perfectamente e miran ao longo da costa en Östersund (Suecia). Os momentos relativos escolléronse para amosar un Sol e unha Lúa case chea no mesmo lugar do frío ceo de comezos da primavera. Na escena nocturna tamén brilla Xúpiter por riba das luces de ribeira, mentres o Sol maila Lúa están ámbolos dous arrodeados por un fermoso halo circular de xeo. Os halos de Sol e Lúa realmente alíñanse, cada un cun radio angular de 22 grao. Ese radio é unha constante que non a determina o brillo do Sol nin da Lúa, seón só a xeometría hexagonal dos cristais de xeo atmosférico e a reflexión maila refracción da luz. Mañá 4 de abril, por suposto, atoparemos ao Sol e a Lúa en lados opostos do planeta Terra para unha eclipse total lunar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación