Ecos de raios X desde Circinus X-1

Image Credit: X-ray – NASA/CXC/Univ. Wisconsin-Madison/S.Heinz et al, Optical – DSS
Image Credit: X-ray – NASA/CXC/Univ. Wisconsin-Madison/S.Heinz et al, Optical – DSS

Explicación: Circinus X-1 é unha estrela binaria de raios X coñecida pola súa variabilidade errática. No estraño sistema Circinus X-1, unha densa estrela de neutróns, o remanente colapsado dunha explosión de supernova, orbita cunha compañeira estelar máis normal. As observacións da binaria de raios X durante meses seguindo unha intensa labarada en raios X procedente da fonte en 2013 desvelou progresivamente uns aneis concéntricos espectaculares; ecos de luz de raios X brillantes procedentes das catro nuves intermedias de po interestelar. Nesta composición de luz visual/raios X, as franxas dos datos da imaxe do Observatorio de Rayos X Chandra  amosan os perfís parciais dos aneis en cores simuladas. De xeito destacado, o ritmo dos ecos de raios X xunto coas distancias coñecidas ás nubes de po interestelar, determina a ata o de agora distancia moi indeterminada ata a propia Circinus X-1 en 30.700 anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo