
Explicación: como de diferentes semellan os solpores desde Marte respecto á Terra? Para comparalo, as dúas imaxes da nosa estrela común foron tiradas no solpor, unha desde a Terra e outra desde Marte. Estas imaxes escaláronse para ter a mesma anchura angular e publicadas aquí xuntas. Unha rápida inspección desvelará que o Sol semella lixeiramente máis pequeno desde Marte que desde a Terra. Isto ten sentido, xa que Marte está un 50% máis afastado do Sol cá Terra. O máis rechamante é, quizais, que o solpor marciano é claramente máis azul preto do Sol que as cores tipicamente preto do Sol poñéndose na Terra. A razón para as cores azuis de Marte aínda non se entenden de todo, pero pénsase que están relacionadas coas propiedades de difusión do po marciano. O solpor terrestre tomouse en marzo de 2012 desde Marsella (Francia), mentres que o solpor marciano captouse o mes pasado polo todoterreo Curiosity da NASA desde o cráter Gale sobre Marte.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












