Dedos de rocha branca sobre Marte

Créditos da imaxe: THEMIS, equipo Mars Odyssey, ASU, JPL, NASA
Créditos da imaxe: THEMIS, equipo Mars Odyssey, ASU, JPL, NASA

Explicación: Que provoca esta estraña formación de rochas claras en Marte? Intrigados pola posibilidade de que sexan depósitos de sal que quedaron dun antigo lago desecado, os estudios polo miúdo destes dedos indican agora unha posibilidade máis mundana: cinza volcánica. O estudio da cor exacta da formación indicou a posible orixe volcánica. O material claro semella ter sido erosionado desde a area circundante, o que indicaría unha sustancia de densidade moi baixa. O forte contraste entre as rochas e a area do arredor débese á estrana escuridade da area. A imaxe publicada tomouse polo Thermal Emission Imaging System (ou Sistema de Fotografado de Emisión Térmica) a bordo da Mars Odyssey, a nave espacial que máis tempo leva en servizo e actualmente orbintando Marte. A imaxe abarca uns 10 quilómetros do interior dun cráter máis grande.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Como sería a superficie do océano se non houbese mareas nin vento? Descúbreo neste modelo da NASA

O xeoide é un plano irregular empregado para estudar altitudes, determinar medidas topográficas e analizar a xeofísica do planeta

Radiografía do lume

Os incendios da Comunidade de Madrid e da provincia de Álava foron emerxencia nacional, e isto é o que aprendimos dos lumes de agosto de 2025 en Galicia. Por Andrea Veiga

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite