Cuadruplete sobre o Gran Lago Salgado

Créditos da imaxe e copyright: Michael Wilson
Créditos da imaxe e copyright: Michael Wilson

Explicación: era este un ceo para amosarllo aos cativos. Con todo, os tres nenos, os tres planetas, a Lúa, unha estrela, un avión e unha nai captáronse todiños nunha única fotografía preto do Great Salt Lake en Utah (EUA), a comezos de setembro de 2005. Menos o avión e o cuadruplete do chan, esta cuádrupla coincidencia celeste puido ollarse a semana pasada por todo o mundo. O obxecto máis sinxelo de enxergar é a Lúa, crecente, que claramente é o obxecto máis brillante do ceo na imaxe publicada. Venus é o planeta máis alto do ceo, con Xúpiter á súa dereita. A brillante estrela Spica completa o cuadruplete xusto por baixo de Venus. A raia no extremo dereito é un avión. Mamá esta sentada. O avó, aprezando a fermosura do momento, tirou a fotografía. Esta semana, o ceo anterior ao mencer amosa unha conxunción parecida de planetas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo