Campus do Mar impulsa un programa de intercambio con tres universidades xaponesas

Campus do Mar impulsa un programa de intercambio con tres universidades xaponesas

Campus do Mar está a traballar na posta en marcha “nun futuro inmediato” dun programa de intercambio de estudantes e investigadores con tres universidades de Xapón: Iwate, Tokyo e Teikyo. Este foi o principal avance ao que se chegou tras a visita ao campus dunha delegación de directivos e investigadores destes tres centros de ensino superior que mantiveron unha xuntanza de traballo co principal responsable do campus de excelencia, Emilio Fernández; o director da área de Internacionalización, Alberto González-Garcés, e a directora da área de Docencia e Captación de Talento, Elsa Vázquez.
“Ademais do proxecto de intercambio estes investigadores amosaron tamén interese polos nosos programas de máster e doutoramento e por coñecer en detalle a estrutura organizativa do Campus do Mar”, indica Emilio Fernández, que explicou a Universidade de Iwate sitúase xeograficamente na zona do impacto do tsunami que asolagou Xapón e que, entre outros efectos, devastou a industria pesqueira da zona. “O goberno xaponés pretende recuperar a zona e, entre outras cousas, está a fomentar a implantación o próximo ano dunha nova facultade centrada en actividades pesqueiras e ciencias mariñas, en conxunto con outras universidades do país como Hokkaido e Tokio, nunha estrutura dalgunha maneira similar a que ten Campus do Mar”, explicou Emilio Fernández, ao que engadiu que no encontro se presentaron tamén as principais liñas e accións estratéxicas tanto do Campus do Mar como das tres universidades de Xapón para explotar as posibles vías de colaboración entre ambas institucións.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha tese estuda o proceso de artificialización litoral na ría de Vigo

A investigación da UVigo cuantifica e caracteriza o incremento de superficies artificiais nas zonas costeiras, de utilidade para unha xestión sostible

Facer visibles as pradarías mariñas para coidalas

As universidades de Vigo e Santiago participan no proxecto Zosteco, que estuda en detalle este ecosistema mariño na contorna da illa de San Simón

Un estudo abordará en Galicia a interacción entre a zostera e o marisqueo

As científicas Celia Olabarría e Elsa Vázquez, do grupo Ecoloxía Costeira da UVigo, dirixen unha investigación para analizar o impacto destas pradarías mariñas

Os produtos de limpeza das bateas afectan ao organismo dos mexillóns

O investigador Vladimir Dobal expón nunha tese que estes compostos inducen alteracións nos sistemas respiratorio, dixestivo e reprodutor