Contemplando o Sol

Créditos da imaxe e copyright: Steven Gilbert
Créditos da imaxe e copyright: Steven Gilbert

Explicación: contemplaches a túa estrela recentemente? Tal e como se amosa aquí, un Sol eclipsado parcialmente na parte superior esquerda pola Lúa é ollado asemade eclipsado polos terrestres que contemplan a eclipse desde abaixo. En 2012, desde o a Área Recreativa Nacional de Glen Canyon preto de Page (Arizona, – UEUA), captouse un rebumbio espectacular de siluetas onde astrónomos e gardas do parque explicaban o estraño evento aos interesasdos. Tamén pode ollarse sobre o disco do Sol, xusto na parte inferior dereita do disco escuro da Lúa, un grupo de manchas solares. Aínda que unha eclipse parcial solar eclipse pola Lúa é de certo unha boa ocasión para contemplar o Sol, unha gran oportunidade (e unha que é realmente máis rara) ocorrerá a vindeira semana cando o Sol experimente unha eclipse parcial polo planeta Mercurio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Unha investigación da USC descobre por primeira vez mercurio nas cerámicas galegas de hai 5.000 anos

Dous estudos científicos revelan que as mostras procedentes do illote de Guidoiro Areoso destacan por presentar os valores máis altos rexistrados na análise

Conta atrás para a gran cita coa eclipse total en Galicia: “Non volveremos ver algo así na nosa vida”

Unha cobertura do 99% ou do 100% do Sol marca a diferenza entre unha simple diminución da luz e a aparición da coroa solar e da escuridade