A cola do cometa Lovejoy

Cometa lovejoy
Créditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors).

Explicación: voando polo norte do ceo do planeta Terra, a coma verdella maila cola iónica tinguida de azul do cometa Lovejoy estarrícase por este campo de estrelas da constelación Taurus o 13 de xaneiro. O recadro na parte superior esquerda amosa o tamaño angular de 1/2 grao da lúa chea a xeito de escala. Por iso a coma de Lovejoy aparece só un pouco máis pequena (pero moito máis tenue) ca unha lúa chea no ceo, e a súa cola é visible ao longo duns 4 graos polo recadro. Iso correspóndese cuns 5 millóns de quilómetros á distancia estimada do cometa de 75 millóns de quilómetros desde a Terra. A cola iónica tenue e estruturada do cometa, inchada polo vento solar, flúe desde o Sol, medrando mentres este cometa Lovejoy se dirixe cara o perihelio, o seu achegamento máis próximo ao Sol, o 30 de xaneiro. Mentres o gas carbónico diatómico (C2) que emite fluorescencia coa luz solar produce a cor verde da coma, a cola azulada máis tenue é tinguida pola emisión do monóxido de carbono ionizaco (CO+).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns