Cidades pola noite

Créditos da imaxe: NASA, Scott Kelly
Créditos da imaxe: NASA, Scott Kelly

Explicación: ollando ao sur desde unha altitude de 400 quilómetros, esta espectacular instantánea desde o espazo atopa as luces brillantes de Tokio e as cidades do Xapón central e meridional, o planeta Terra brillando cara o alto ao través das nubes rotas. A perspectiva espacial captouna o xullo pasado o astronauta Scott Kelly durante a súa estadía a bordo da Estación Espacial Internacional. As franxas delgadas de luminiscencia seguen a curpa do escuro limbo do planeta, mentres que máis alá están as estrelas da constelación Centaurus e o ceo meridional. As naves espaciais Soyuz (abaixo) e Progress atracadas, cos seus paneis solares estendidos, posan no primeiro plano. Kelly voltou ao planeta Terra esta semana trala súa misión dun ano no espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira