Centaurus A

Créditos da imaxe e copyright: Fabian Neyer
Créditos da imaxe e copyright: Fabian Neyer

Explicación: a só 11 millóns de anos luz de distancia, Centaurus A é a galaxia activa máis achegada ao planeta Terra. A peculiar galaxia elíptica coñecida tamén coma NGC 5128, que abarca uns 60.000 anos luz, aparece nesta definida imaxe telescópica. Aparentemente, Centaurus A é o resultado dunha colisión de dúas galaxias outrora normais que deron lugar a un fantástico enguedello de cúmulos estelares e grandiosos corredores de po escuro. Preto do centro da galaxia, os refugallos cósmicos sobrantes estanse a consumir paseniñamente por un burato negro central con milleiros de millóns de veces a masa do Sol. Coma noutras galaxias activas, é probable que o proceso produza a enerxía de radio, raios X e raios gamma irradiados por Centaurus A. A imaxe en luz visible, moi fonda, ofrece evidencia adicional da conseguinte violencia cósmica  nas capas tenues e os rasgos extensos que arrodean á galaxia activa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman