A brillante galaxia espiral M81

Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble; Procesado e copyright: Roberto Colombari e Robert Gendler
Créditos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble;
Procesado e copyright: Roberto Colombari e Robert Gendler

Explicación: unha das galaxias máis brillante no ceo do planeta Terra é semellante en tamaño á nosa galaxia Vía Láctea: a grande e fermosa M81. Esta gran galaxia espiral pode atoparse cara a constelación setentrional da Osa Maior (Ursa Major). Esta imaxe magnificamente detallada desvela o núcleo brillante e amarelo, os brazos espirais azuis e os amplos corredores de po cósmico de M81 cunha escala comparable á Vía Láctea. Dando a entender un pasado máis revolto, un corredor de po atravesa ben recto o disco, á esquerda do centro galáctico, ao contrario doutros elementos destacados da espiral de M81. O corredor de po errante pode ser o resultado sobrevivinte dun cencontro achegado entre M81 e a súa galaxia compañeira e máis pequena M82. Axexando as estrelas variables de M81 deu lugare nunha das distancias mellor determinadas para unha galaxia: 11,8 millóns de anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027