Bólido das xemínidas sobre o monte Balang

Bólido das xemínidas sobre o monte Balang
Créditos da imaxe: Alvin Wu.

Explicación: este foi un ceo para a lembranza. Mentres se ollaba a choiva de meteoros das xemínidas hai uns poucos días, un brillante bólido foi captado sobre o monte Balang (China), cuns arredores particularmente pintorescos. No primeiro plano, un mar de nubes  claras flotaba lentamente entre cumios de montañas escuras. No fondo, a constelación de Orión brillaba intensamente, coas familiares tres estrelas do cinto de Orión visibles preto da parte superior dereita da imaxe. Sirius, a estrela máis brillante do ceo nocturno, pode verse preto do centro da imaxe. O bólido brillante alumeou só durante unha fracción de segundo na parte inferior dereita. A fonte do bólido foi un pelouriño que intersecou a atmosfera protectora da Terra, expulsada orixinalmente polo obxecto similar a un asteroide 3200 Phaethon que orbita ao Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados