Bólido das perseidas no cráter Sunset

Créditos da imaxe e copyright: Jeremy Perez
Créditos da imaxe e copyright: Jeremy Perez.

Explicación: na noite do 12 de agosto, este brillante meteoro das perseidas reluciu sobre o volcánico monumento nacional do cráter Sunset, Arizona (EUA), planeta Terra. A súa cor inicial, raiando ao longo da Vía Láctea de verán, probablemente se debe á característicaalta velocidade dos meteoros desta chuvia. Os meteoros das perseidas, que entran a 60 quilómetros por segundo, son quen de excitar a emisión verde dos átomos de osíxeno mentres pasan ao través da tenue atmosfera a altitudes elevadas. Tamén característico de meteoros brillantes, esta perseida deixa un persistente tren, visiblemente brillante. A súa evolución pode ollarse durante unha secuencia de tres minutos (de esquerda a dereita) que abarca desde o fondo do cadro. A cámara captou ao final un emocionante vídeo secuencia da cola retorta e á orza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo