
Explicación: lapando as rochas ao longo da costa da Illa de Nangan, Taiwan, planeta Terra, as ondas repousan nunha sutil luz azul nesta paisaxe celeste de mar e noite. A fotografía, composta dunha serie de exposicións longas feitas o 16 de abril, captura o brillo feble de Noctiluca scintillans. Tamén coñecida coma faíscas do mar ou bágoas azuis, a bioluminescencia do plancton mariño é estimulado polo movemento das ondas. As luces da cidade ao longo da costa do continente de China brillan por baixo de nubes baixas no oeste, pero as estrelas e a feble Vía Láctea aínda enchen a noite por riba. Sobre o horizonte, o bulbo central da galaxia e os espazos escuros parecen facer o eco das rochas mailas ondas luminosas.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












