Auroras e ronseis estelares sobre Islandia

Auroras Islandia
Créditos da imaxe e copyright: Vincent Brady.

Explicación: foi unha das noites de auroras máis tranquilas en semanas. Aínda así, ao norte de Islandia, durante o novembro pasado, as tenues auroras alumearon o ceo durante toda a noite despexada. A panorámica de 360 graos publicada é a fusión dixital de cámaras gran angular, cada unha das cales tirou 101 disparos durante 42 minutos. No primeiro plano está o tranquilo lago Myvatn, punteado de formacións rochosas pintorescas que quedaron dos antigos fluxos de lava. As auroras verdes e baixas varren todo o ceo amosando unha complexidade impresionante preto do horizonte. As estrelas, afastadas ao lonxe, aparecen para amosar os seus estranos ronseis, mentres a Terra xira, debido a que as primeiras exposicións foron atenuadas artificialmente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A extraordinaria imaxe dun cúmulo de estrelas capturada dende Ribadeo

O afeccionado á astronomía Hugo García retratou As Pléiades tras dúas horas de exposición cun pequeno telescopio fotográfico

Destinos Starlight en Galicia: lugares cruciais para desfrutar das novas choivas de estrelas

As Leónidas acadarán o seu punto álxido o próximo 17 de novembro cunha Lúa que favorecerá a súa visibilidade que dependerá da meteoroloxía

Unha explosión solar acaba de cruzar a Terra: volverán as auroras boreais a Galicia?

A presenza de nubes poderían impedir a visibilidade do mesmo evento da natureza que tinguiu de vermello os ceos da Costa da Morte hai un ano

As singulares imaxes do mar de ardora cun espectacular ceo de fondo

O autor cre que a luz baixo as estrelas pode ser unha aurora boreal, aínda que os expertos non o teñen claro pola súa forma e polo momento