Aurora sobre glaciar islandés

Aurora sobre glaciar islandés
Créditos da imaxe e copyright: James Boardman Woodend (Images Inspired by Nature).

Explicación: déronse xuntas varias condicións chave para crear este disparo premiado. Estas inclúen unha noite escura, poucas nubes, una mostra de aurora épica e un corpo de auga tanto en calma abondo e sen conxelar abondo como para reflectir estrelas. A paisaxe celeste amosada, chea de actividade e serenidade, aparecía sobre o glaciar Vatnajökull de Islandia en xaneiro de hai un ano, coa lagoa do iceberg Jökulsárlón captada en primeiro plano. As auroras enchendo os ceos seguen a ser comúns preto dos polos da Terra mentres o noso Sol, preto do máximo solar, continúa a expulsar potentes nubes de plasma ao interior do Sistema Solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns