Aurora dragón sobre Noruega

Créditos da imaxe e copyright: Marco Bastoni
Créditos da imaxe e copyright: Marco Bastoni

Explicación: que é iso do ceo? Unha aurora. Unha gran burato coronal se abriu o mes pasado, uns poucos días antes de que se tirase esta imaxe, guindando unha nube de  electróns, protóns e ións veloces cara a Terra. Parte desta nube impactou coa magnetosfera da Terra e resultou en auroras espectaculares que se ollaban en latitudes setentrionais elevadas. Aquí publícase unha cortina auroral particularmente fotoxénica captada por riba de Tromsø (Noruega). Para o astrofotógrafo, este brillo verde escintilante de osíxeno atmosférico recombinándose semellaba un gran dragón, pero séntete libre de compartir o que che parece  a ti. Aínda que xa pasou o máximo solar, o noso Sol segue a amosar ás veces actividade creando auroras impresionantes na Terra visibles aínda a semana pasada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble