
Explicación: hai oito anos, un ceo de serán contiña esta adorable parella dunha pequena crecente Lúa e un Venus brillante. A conxunción achegada, maila a súa reflexión invernal, ollada preto do horizonte occidental, captouse desde Bolu (Turquía), planeta Terra, o 19 de febreiro de 2007. Nos 8 anos terrestres desde que se tirou esta fotografía Venus orbitou ao Sol case 13 veces exactamente, polo que o Sol e Venus voltaron agora á mesma configuración no ceo da Terra. E como cada 8 anos, a Lúa case repite as súas fases durante un ano determinado, de novo aparecerá unha conxunción moi crecente luar-Venus moi semellante nos ceos do serán do planeta Terra esta noite. Pero o 20 de febreiro de 2015 a versión da conxunción tamén incluirá ao planeta Marte. Moito máis tenue, Marte vagará aínda máis preto de Venus na noite do 21 de febreiro.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












