A Vía Láctea sobre un volcán en erupción

A Vía Láctea sobre un volcán en erupción
Créditos da imaxe e copyright: Sergio Montúfar.

Explicación: esta vista fixo que pagase a pena a viaxe. Batallando contra os ventos fortes, as temperaturas frías e o osíxeno baixo, a camiñada ata preto do alto do volcán Santa María en Guatemala (transportando o sensible equipamento fotográfico), foi solitario e difícil. Aínda que unha vez chegado, a cámara captou esta impresionante vista durante as primeiras horas da mañá do 28 de febreiro. Visible sobre o terreo hai seis volcáns do Arco Volcánico de América Central, incluindo Fuego, o Volcán de Lume, que se olla en erupción na distancia. Poden ollarse no ceo, en exposicións separadas tiradas uns poucos minutos máis tarde, moitas estrelas moito máis lonxe na distancia, así como a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea situada horizontalmente no máis alto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais