A nebulosa California

Créditos da imaxe e copyright: Farmakopoulos Antonis
Créditos da imaxe e copyright: Farmakopoulos Antonis

Explicación: que está a facer California no espazo? Esta nube cósmica , que vai á deriva polo Brazo de Orión da galaxia espiral da Vía Láctea, por casualidade lembre o perfil de California na costa oeste dos Estados Unidos. O noso propio Sol tamén se atopa no interior do Brazo de Orión, da Vía Láctea, a tan só 1.500 anos luz desde a nebulosa California. A clásica nebulosa de emisión, tamén coñecida coma NGC 1499, ten uns 100anos luz de lonxitude. Na imaxe publicada, o brillo máis destacado da nebulosa California é a característica luz vermella dos átomos de hidróxeno que se recombinan cos electrónsperdidos previamente, arrincados (ionizados) pola potente luz estelar. Probablemente, a estrela que está a fornecer coa potente luz estelar que ioniza gran parte do gas nebular é a brillante, quente e azulada Xi Persei, xusto á dereita da nebulosa. A nebulosa California, un obxetivo habitual para os astrofotógrafos, pode descubrirse cun telescopio de campo amplo baixo un ceo escuro cara a constelación de Perseus, non lonxe das Pláiades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo