
Explicación: os filamentos serpeantes e entretecidos de gas brillante suxiren o nome popular desta nebulosa, a nebulosa Augamar. Tamén coñecida coma Abell 21, esta augamar é unha estraña nebulosa planetaria a uns 1.500 anos luz de distancia ao longo do bordo meridional da constelación Gemini. Como a súa homónima mitolóxica, a nebulosa está asociada cunha transformación espectacular. A fase de nebulosa planetaria representa o estadio final da evolución de estrelas de masa baixa coma o Sol, mentres se transforman por si mesmas desde xigantes vermellas en estrelas ananas brancas e quentes e o proceso desbota as súas capas máis externas. A radiación ultravioleta procedente da estrela quente fornece o brillo nebular. Unha estrela brillante en primeiro plano, sen relación, está preto do centro nesta imaxe telescópica de primeiro plano, mentres a estrela central en transformación da Augamar realmente é unha estrela máis tenue por baixo do centro e cara a parte dereita do cadro. Estímase que a nebulosa Augamar ten uns 4 anos luz de diámetro.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












