A Lúa atopa á estrela matutina

Créditos da imaxe e copyright: Phillip A Cruden
Créditos da imaxe e copyright: Phillip A Cruden

Explicación: agora, Venus aparece coma a brillante estrela matutina da Terra, ficando aliñado con máis planetas por riba do horizonte surleste antes do mencer. Ademais, a almenara celeste prateada erguíase antes do mencer facendo parella próxima cun crecente vello da Lúa o luns, 7 de decembro. Pero tamén se ollou desde localidades amplamente distribuídas de América do Norte e do Centro como o crecente lunar ocultaba realmente ou pasaba por diante de Venus durante as horas de luz solar do luns. A serie temporal segue o achegamento durante o día da Lúa e a estrela matutina nos ceos azuis e despexados de Phoenix, Arizona. O progreso de nove instantáneas telescópicas moi claras, feitas entre as 9:30 a.m. e as 9:35 a.m. hora local, van desde a parte inferior esquerda á parte superior dereita, cando Venus se esvaeu por tras do brillante limbo lunar.
18 de decembro: charliña no proxecto Escépticos no Pub, en Compostela, con imaxes do APOD. Con X. Dosi Veiga, o tradutor deste lugar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo