Sábado 27 Abril 2024

Pés atopados no mar: broma macabra ou misterio?

Desde fai dez anos, aparecen pés humanos nas praias da Columbia Británica en Canadá. Hai unhas semanas un camiñante acompañado dos seus cans pola zona sur da illa de Vancouver descubriu un pé humano que portaba calcetín e zapato, aínda coa tibia e o peroné. É o caso número 13 deste tipo desde 2007.

Os  expertos  tratan agora de obter unha mostra de ADN na última extremidade atopada. Resulta complicado determinar desde hai canto tempo estaba na auga, pero o modelo do zapato poderá achegar pistas. O último destes tétricos descubrimentos fixérao unha parella en febreiro de 2016, nunha praia de Port Renfrew.

Publicidade

Circulan distintas explicacións sobre a orixe dos 13 pés achados na provincia canadense. Uns evocan o proceder dalgún asasino en serie, como produto das historias contadas en series e películas, pero tamén polo impacto dos crimes de Robert Pickton, quen foi condenado en 2007 polo asasinato en Vancouver de seis mulleres (aínda que se sospeita que matou 21 máis). A policía achou varios restos das vítimas na granxa porcina de Pickton. Outros pensan que os pés proveñen do tsunami asiático de decembro de 2004.

Con todo, os expertos achegan argumentos máis convincentes. Dos 13 pés achados ata o momento, lográronse identificar oito que pertenceron a seis persoas. Ningunha foi vítima de homicidio, xa que se probou que faleceron por accidente ou por suicidio. Os investigadores salientaron de igual forma que os corpos habitualmente afunden no fondo do mar, pero que un pé dentro dun zapato elaborado con certos materiais segue á boia e pode ser transportado pola corrente, o cal cobra maior forza durante os meses de inverno no oeste canadense. Ademais, os expertos concluíron que os pés achados no últimos dez anos non foron cortados con instrumento algún.

Con todo,  un exame forense desvelou que algúns restos non correspondían a seres humanos, nin moito menos. Eran restos de carne de animais, de orixe descoñecida, iso si, aínda que parece que para gastar esta ‘broma’ os seus autores simplemente mercaron algo na carnizaría.

Outros estaban relacionados con algún caso algo macabro cuxa resolución quedara pendente durante anos. os pés humanos atopados sempre portaban unha zapatilla de deporte, e ningún outro calzado , por algunha razón. As  zapatillas apretan estes pés, así que os cangrexos e outros preeiros non se comen o tecido.

Na merirande parte dos casos, o calzado pertencía aos restos dalgún cadáver. Dous daquelas primeiras mostras localizadas en 2008 correspondían a unha muller que se suicidou saltando dunha ponte próxima, en 2004. Outro par de zapatillas que apareceron durante eses anos tiñan unha orixe moi anterior: Stefan Zahorujko, un home de 65 anos que desapareceu mentres pescaba nesta zona en xaneiro de 1987.

Aínda así, hai algunhas “aparicións” sen identificar. Terán relación cun accidente de aviación do ano 2005? Ou coas vítimas do tsunami de 2004?

O mar sempre sorprende.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A reconquista da oliveira galega: “As súas características botánicas fana única no mundo”

Este venres presentouse o ‘Grupo Operativo’ do CSIC que traballa na recuperación do oliveiral tras séculos abandonado na comunidade

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia