Un latinismo vivindo na auga doce

Hai uns poucos días, a Universidade de Santiago de Compostela presentaba un curso de verán sobre “ictiofauna doceacuícola”. Foi ler a información e sospeitarmos que algo renxía nese “doceacuícola”.

Despois de ver algúns casos paralelos (arenícola, humícola, lignícola, silvícola…) concluímos que a nosa sospeita era certa: a forma que se debe empregar en galego é “dulciacuícola”. Pero por que, se tanto “doce” como “acuícola” son palabras correctas?

Publicidade

Pois porque como podemos ver nos exemplos anteriores (ou no propio acuícola), as palabras compostas que usan -cola como segundo elemento, recorren tamén a unha forma latina para a primeira parte da palabra. Por iso, escribimos arenícola (no canto de areícola), lignícola (e non leñícola ou madeirícola) ou acuícola (e non auguícola); e por iso debemos optar pola forma latina do prefixo (dulci-) e desbotar a súa versión adaptada ao galego (doce-).

E por que non facemos con dulciacuícola o que facemos naturalmente nos exemplos de máis arriba (ou noutros como apícolaostreícola, rupícola, vinícola…), cando ademais se recomenda en dicionarios galegos desde hai perto de dez anos? A razón atopámola mirando cara ao oeste. Exacto: en castelán considérase correcto tanto dulciacuícola como dulceacuícola, pero emprégase moito máis a segunda. E esa tendencia espállase (por que será?) polos textos en galego.

Publicidade

Pero os hábitos do castelán non teñen por que ser os nosos. E se evitamos empregar selvícola, areícola ou abellícola, debemos referirnos ao ‘organismo que vive na auga doce’ como dulciacuícola.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía