O próximo martes entréganse os galardóns da IV edición de Contar a Ciencia

O pazo de San Roque de Santiago acollerá o próximo martes, ás 17:30 horas,  o acto de entrega de premios da IV edición do Premio Universitario de Comunicación Científica Contar a Ciencia, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e la Caixa, e organizado por GGCiencia, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O primeiro premio desta edición foi para Claudia Alonso,  estudante da Universidade de Vigo, co traballo titulado ‘A menciña dos esquecidos’,  que afonda no traballo do grupo de Xenética Humana da Universidade de Vigo, onde estudan enfermidades raras como as síndromes de Bardet-Biedl e de Alström. O traballo presenta un elaborado audiovisual que foi especialmente valorado polo xurado. Como gañadora do certame, Claudia Alonso recibirá 700 euros, un smartphone P501 da marca galega Primux e un diploma acreditativo.

Publicidade

Os dous segundos premios do certame foron para Iago Souto e María Isabel Villamarín. Souto realizou unha reportaxe audiovisual sobre os traballos científicos arqueolóxicos que se realizan na Lanzada, sobre un antigo castro e unha factoría romana. ‘A Lanzada: historia baixo a area’ era o título desta peza, que foi moi aprezada polo xurado. Pola súa banda, Villamarín foi elixida finalista pola súa reportaxe ‘Hipóteses para entender o corazón’, no que analiza os traballos realizados polo Citius de Santiago para un programa que analiza dun xeito máis preciso as lecturas dun electrocardiograma. Souto e Villamarín recibirán disposivos electrónicos de Primux e diplomas acreditativos.

Estudantes das tres universidades galegas presentaron as súas propostas de reportaxes nesta edición do Contar a Ciencia, das que foron seleccionadas as nove publicadas ao longo das últimas semanas en GCiencia. O xurado estivo composto por representantes do Colexio de Xornalistas de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, da delegación territorial do CSIC, da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta, da fundación “la Caixa” e de GCiencia.

Publicidade

O premio pretende poñer en valor o xornalismo científico entre os futuros profesionais da comunicación e dar a coñecer a investigación científica universitaria que se fai en Galicia. Na entrega de premios estarán presentes, entre outras personalidades, o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díaz de Castro, e o presidente da Real Academia Galega de Ciencia, Miguel Ángel Rios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe