Unha aurora con forma de bandeira sobre Suecia

Aurora en Suecia

Aurora en Suecia
Créditos da imaxe e copyright: Mia St.

Explicación: Segundo como se vise, parecía unha bandeira de 50 km de altura. A mediados de marzo, unha potente exección de masa coronal dirixida cara a unha canle magnética da Terra deu lugar a unha das tormentas xeomagnéticas máis intensas dos últimos anos. Un resultado visual foi unha serie de auroras que se puideron contemplar en moitos países próximos aos polos magnéticos da Terra. Captada sobre Kiruna (Suecia ), esta imaxe mostra unha cortina auroral inusualmente recta coa cor verde emitida na atmosfera baixa e o vermello moitos quilómetros máis arriba. Non está claro onde se orixina a cor púrpura, pero podería implicar unha insólita aurora azul a unha altitude máis baixa mesmo que o verde superposto cun vermello moito máis alto. Mentres o Sol continúe preto do máximo nivel de actividade superficial, na Terra serán frecuentes as noites con auroras cheas de cores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.