
Explicación: Unha sombra non humana en Marte? Pois é o rover Opportunity que actualmente explora Marte. Dende principios de 2004, o Opportunity está a explorar o planeta vermello, encontrou evidencias de auga antiga e enviou unhas imaxes impresionantes do Sistema Solar interior. A fotografía, tomada en 2004, mostra o Opportunity no cráter Endurance de costas ao Sol e contemplando a súa propia sombra. Na parte inferior vense dúas rodas e, ao fondo, o chan e as paredes do insólito cráter. O Opportunity continúa a súa longa camiñada explorando o estraño terreo de Meridiani Planum e dando pistas sobre a historia antiga de Marte, do Sistema Solar e, mesmo, da humanidade.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












