Venres 26 Abril 2024

Un pelícano sobre o cisne

Créditos da imaxe e copyright: Steve Richards (Chanctonbury Observatory)
Créditos da imaxe e copyright: Steve Richards (Chanctonbury Observatory)

Explicación: o recoñecible perfil da nebulosa Pelícano planea a case 2.000 anos luz de distancia na constelación de altos voos Cygnus, o Cisne. A nube interestelar de gas e po,  tamén coñecida coma IC 5070, atópase axeitadamente fóra da “costa leste” da nebulosa Norteamérica (NGC 7000), outra nebulosa de emisión de aspecto abraiantemente familiar en Cygnus. Ámbalas dúas nebulosas, Pelícano e Norteamérica, forman parte da mesma rexión de formación estelar grande e complexa, case tan achegada como a máis coñecida nebulosa de Orión. Desde o noso lugar de observación, as nubes escuras de po (arriba á esquerda) axudan a definir o ollo do Pelícano e o longo peteiro, mentres unha fronte brillante de gas ionizado suxire a forma curvada da cabeza e o pescozo. Esta imaxe espectacular en cores combinadas emprega datos en banda estreita rexistrados da emisión dos átomos de hidróxeno e osíxeno na nube cósmica. A escena abarca uns 30 anos luz á distancia estimada da nebulosa Pelícano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón