Galaxia espiral floculenta

Créditos da imaxe: NASA, ESA, W. Freedman (U. Chicago) et al., mailo Hubble Heritage Team (AURA/STScI)
Créditos da imaxe: NASA, ESA, W. Freedman (U. Chicago) et al.,
mailo Hubble Heritage Team (AURA/STScI)

Explicación: canta masa agochan as espirais floculentas? A imaxe publicada en cores reais da galaxia espiral floculenta NGC 4414 tirouse co Telescopio Espacial Hubble para axudar a respostar esa pregunta. As espirais floculentas (galaxias sen brazos espirais ben definidos) son unha forma bastante común de galaxia, e NGC 4414 é unha das máis achegadas. As estrelas e o gas preto do bordo visible das galaxias espirais orbitan o centro tan rápido que debe haber unha gran cantidade de materia escura non observada para ficaren xuntas. A comprensión da distribución de materia e de materia escura en NGC 4414 axuda á humanidade a calibrar o resto das espirais floculentas e, por deducción, das galaxias en xeral. Ademais, o calibrado da distancia deica NGC 4414axuda á humanidade a calibrar a escala de distancia cosmolóxica de todo o universo visible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman