Venres 19 Abril 2024

Estraños piares de luz sobre Letonia

Piares de luz sobre Letonia
Créditos da imaxe e copyright: Aigar Truhin.

Explicación: que está a acontecer sobre esta cidade? Unha inspección achegada amosa estrañas columnas de luz que ocorren sobre luces brillantes e, por tanto, probablemente sexan piares de luz relacionados con cristais de xeo que refractan esas luces. A imaxe superior e outras fotografías semellantes foron tiradas cunha cámara dixital convencional en Sigulda (Letonia) a finais de 2009. Porén, a razón pola que eses piares se espallan ata o alto segue a ser materia de especulación. Ollouse que o aire era bastante frío e cheo de pequenos cristais de xeo, xusto do tipo ben coñecido para crear varios fenómenos celestes impresionantes pero ben coñecidos coma piares de luz, piares solares, parheliose halos lunares. Este ano está a haber un inverno de neve e frío en partes do hemisferio norte da Terra que lle dá aos entusiastas do ceo novas oportunidades e normalmente inesperadas para ollar varios destes estraños fenómenos ópticos atmosféricos en directo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

O inverno galego xa é máis curto: en Vigo hai un mes menos de frío

En 60 anos, a estación reduciuse unha media de tres semanas na península

O inverno chega este venres ás 4.27 horas con tempo seco e frío

A nova estación comezará cun ambiente anticiclónico que se prolongará, como mínimo, ata o Nadal e rematará o 20 de marzo