Venres 26 Abril 2024

A Vía Láctea sobre os Pináculos de Australia

Créditos da imaxe: Michael Goh
Créditos da imaxe: Michael Goh

Explicación: que estraño mundo é este? A Terra. No primeiro plano da imaxe publicada están os Pináculos, penedos raros en forma de agulla do Parque Nacional Nambung en Australia Occidental. Feitas de cunchas de mares antigos (calcarias), como se formaron estas agullas pintorescas de tamaño humano segue a ficar no misterio. No fondo, xusto o pasar o final do Pináculo central, está un brillante crecente da Lúa. O pantasmal brillo ao redor da Lúa é sobre todo luz zodiacal, luz solar reflectida polos grans de po que orbitan entre os planetas do Sistema Solar. Na parte superior cruza arqueándose a banda central da nosa galaxia Vía Láctea. Poden ollarse moitas estrelas e nebulosas famosas no fondo do ceo nocturno. A panorámica publicada de 29 paneis tirouse e compúxose o setembro pasado tras un plan polo miúdo que envolveu á Lúa, as agullas de rocha e as súas correspondentes sombras. Aínda así, a potente luz zodiacal foi unha agradable sorpresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150