Unha balea foi gravada este domingo 10 de setembro na ría de Arousa, cunha rede de pesca enleada na súa aleta. Un equipo do Instituto de Investigación para o Estudo dos Cetáceos (BDRI Bottlenose Dolphin Research Institute), compartiu o vídeo, destacando que este tipo de enredos ‘son comúns para as baleas e outros mamíferos mariños, que poden quedar atrapados en trampas e artes de pesca abandonados”. O BDRI salienta que cando isto acontece “poden afogar, morrer de fame ou morrer dunha infección”.
Por outra banda, o sábado 9 de setembro, outra balea foi gravada, desta volta na ría de Muros, como podemos aprezar no seguinte vídeo: