O estudo di que máis dun 30% dos homes en España recorren á prostitución.

O estudo di que máis dun 30% dos homes en España recorren á prostitución.

Retrato do ‘putero español’

Sociólogas da Universidade de Vigo presentan un libro que describe ao cliente de prostitución, unha actvidiade que en Galicia ten 240 clubs de alterne e 323 pisos

Águeda Gómez, da UVigo, unha das autoras do estudo.

Águeda Gómez, da UVigo, unha das autoras do estudo.

Máis de 240 clubs de alterne e uns 323 pisos de contactos en Galicia. Esas son algunhas das cifras da prostitución na comunidade galega, un servizo ao que recoñecen recorrer habitualmente máis do 30% dos españois e que frecuentan cada día 1,5 millóns de homes a nivel nacional. Un consumo masivo de sexo de pago que é un “claro síntoma dunha cultura afectivo-sexual hexemónica” na que a educación queda relegada en moitos casos a películas pornográficas “cun erotismo baseado na humillación da muller“. Estas son algunhas das conclusións que as investigadoras Águeda Gómez, Silvia Pérez e Rosa María Verdugo recollen agora no libro El putero español (Editorial Catarata), no que publican os resultados dunha análise a nivel nacional sobre “as motivacións que leva aos clientes a consumir prostitución a través das explicacións que eles mesmos daban”, como explica Gómez, profesora do departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo.

“Para min o ideal sería que fose gratis, aínda que do prezo non me queixo”, “son máis baratas que ter moza”, “son todas unhas putas, só que a unhas lles pagas e a outras non”, “son vítimas dunha sociedade inxusta pero temos que aceptar que exercen unha actividade demandada”… son frases que se repetiron ao longo de todo o traballo de campo e que levaron ás investigadoras a concluír que existen catro grandes grupos de consumidores: o misóxino, o amigo, o mercantilista e o crítico. Segundo informa Noemí Rey, no DUVI, mentres que no primeiro grupo atópanse clientes que nos seus discursos mostran “un desprezo moi grande cara as mulleres“, no segundo o cliente amosa o punto de vista totalmente contrario: son homes que “desenvolven a súa sociabilidade en espazos prostitucionais e que acaban tendo relacións afectivas ou incluso de parella coas prostitutas, que empatizan con elas, pero que nunca deixan de exercer o privilexio de consumir”. “Igual que uns están acostumados a ir a un bar todos os venres eles van a un club de alterne, onde as relacións sociais son máis doadas e amables… porque niso se basea o negocio”, salienta Gómez.

“Forma parte do seu ocio normalizado e non empatizan coas mulleres”, din as autoras

As investigadoras definen como cliente crítico aquel que, aínda que al menos algunha vez consumiu prostitución por ser parte “da subcultura masculina” e habitual en despedidas de solteiros, ceas de empresa, festas de fin de curso… entende que detrás deste negocio hai “xente sufrindo e que o sexo de pago é un produto do capitalismo e do patriarcado“. Sen embargo, o perfil que máis chamou a atención de Gómez, Pérez e Verdugo foi o do mercantilista, normalmente xente nova con formación que aínda que ten recibido unha educación non sexista e que mantén relacións familiares ou de parella igualitarias “acoden ao sexo de pago porque aplican unha lóxica consumista”. “Pensan que é un produto en venta que eles compran, sen detectar ningún problema ético. Forma parte do seu ocio normalizado, non empatizan coas mulleres e aplican os mesmos patróns de consumo que para outros produtos, sen ningunha capacidade reflexiva ou crítica”, asegura Gómez.

A investigación, financiada polo Instituto da Muller, a Unidade de Igualdade da Universidade e o Concello de Ourense, tamén sacou á luz que case todos os homes tiveron algún contacto cun espazo prostitucional, “incluso entre os perfís máis inesperados”, e que en moitas ocasións hai “insatisfacción con esas propias relacións sexuais”. “Tras a nosa investigación e comparando cos resultados doutro estudo feito en Francia, chegamos á conclusión de que a compra de sexo de pago non se da soamente polo pracer sexual, senón que máis ben busca reafirmar unha identidade masculina en constante transformación. Rachouse co modelo tradicional de pai, protector e provedor e agora trátase de reafirmar a masculinidade a través do sexo, por iso moitas veces ese consumo faise en grupo, faise para os pares”, indica a investigadora.

Os enquisados din que a prostitución 'é máis barato que ter moza'.

Os enquisados din que a prostitución ‘é máis barato que ter moza’.

No libro tamén se recollen os cambios que sufriu o mercado do sexo coa chegada da crise, que deixou un panorama no que baixaron os prezos e subiron a explotación e os abusos. Ademais, as españolas irrompen nun mercado dominado por mulleres do Este e de América Latina, aínda que exercen en espazos máis “discretos” como os pisos. “Son mulleres que tiñan unha vida máis ou menos acomodada, que perderon o traballo e que para manter o mesmo nivel económico e os seus fillos non o noten prefiren sacrificarse e dedicarse á prostitución. Elas si que senten ao cliente como un igual e non comprenden como pode un home chegar a pagar por sexo”, recoñece Gómez.

Facendo un paralelismo coa estrutura da terra, as investigadoras diferencian entre propiedades da industria sexual minifundista e latifundista, xa que salvo na zona de Girona no norte de España abundan os clubs de pequeno ou mediano tamaño mentres que no sur fálase de macroclubs e mesmo franquicias. O turismo e os traballadores temporais da terra son algunhas das principais causas das diferenzas. Durante a investigación incluso recolleron o caso de mulleres que viaxaban a Madrid para facer estancias de 20 ou 25 días durante os que viven en grandes chalets e estaban “24 horas a disposición da outra persoa”.

As sociólogas cren que é posible erradicar este mercado sexual da nosa sociedade

Para as investigadoras o que está a provocar este consumo masivo de sexo de pago é a falta de comunicación entre homes e mulleres e unha “cultura afectivo-sexual dominante entre a poboación na que a tradición xudeocristiana fixo moito dano”. “Por exemplo, ás mulleres que veñen de América Latina chámalles moito a atención que o trato entre as parellas sempre sexa frío, brusco, distante…”, explica Gómez, que recorda que temos certa “anemia afectiva” que se deriva en patoloxías sociais como o consumo masivo de prostitución. Para Gomez, afeita a traballar con etnias de India, América Latina e Guinea Bissau nos que a prostitución só existe residualmente para o turismo, chegar a erradicar este mercado sexual é posible.

Entre as recomendacións, levar adiante campañas educativas que “cambien a mentalidade e axuden a reflexionar” a través de todos os axentes de socialización, medidas “máis a medio prazo pero máis efectivas e que axudarían a cambiar a actual afectivo-sexual e a que España deixara de ser un dos países nos que máis se consume sexo de pago“.

11 respostas a “Retrato do ‘putero español’”

  1. Patricia

    Me encantan estos comentarios tan liberales…
    Ya que es una práctica tan conciliadora e igualitaria… entiendo que no os importaría que vuestras hijas intercambiasen sexo por dinero… verdad? voluntariamente eh? 😉

    • No tengo hijos pero en el caso que los tuviera, no tengo potestad para decidir sobre sus vidas porque aunque son hijos mios no son de mi propiedad y mi deber es educarlos y ofrecerles oportunidades, lo que ellos hagan en su mayoría de edad no es responsabilidad de sus padres.

      Quizás si mis hijos aprenden esta libertad, seguro que no se dedican a la prostitución pero respetarían a aquellos que sí lo hacen.

  2. Fernando García López

    ¿Por que ás mulleres non lles gusta que haxa prostitución e atacan aos homes que a consumen?
    Eu critico, por suposto, que haxa persoas (de calquera sexo) que sexan forzados/as a realizar calquera actividade (no só sexual) que non desexan. Pero atrévome a asegurar que en España o porcentaxe de prostitutas nesa situación é mínima (e debería intentarse que fose cero, dende logo) Pero ¿para cando unha enquisa sobre o grado de satisfacción coa súa profesión das prostitutas?¿Que hai de malo en que dous adultos acepten voluntariamente intercambiar sexo e diñeiro? ¿Por que esa obsesión das feministas por decir que o sexo de pago é opresivo e degradante para quen o practica?
    Eu teño a miña resposta a estas preguntas, pero como non é políticamente correcta, paso de entrar en polémica. Grazas pola oportunidade de expresar a miña crítica.

    • Jacobo

      espero que a prostituição seja uma profissão em breve, como tu dizes, porque o primeiro que vou fazer é montar um puti e chamar a todos os desempregados que estejam a receber prestação por desemprego, cuida-te de não ser um deles, pq o perdes o subsídio o trabalhas de puta 🙂

    • Boky, vale máis estar calado e parecer tonto que abrir a boca e confirmalo. Ti sabes de onde vén o termo feminazi? Sabes por e para que se inventou? Ese tipo de siloxismo que fixeches é dunha baixa cultura dialéctica e moral. Se queres falar das mulleres que pagan por prostitución (porcentaxe ínfima ao lado do exemplo deste artigo) e de como ve a sociedade esa práctica, aprendes a escribir e fas un libro.

      • Y los homosexuales que se prostituyen? yo te recomiendo este otro artículo que contrapone lo expuesto, http://www.fes-web.org/files/modules/res/18/02.pdf

        de todas formas, yo no voy a entrar a valorar tu pésima respuesta filoterrorista, opino lo que me da la gana si me dejan y si no me dejan ya miraremos y sí, feminazis que han conseguido que a los hombres se les discrimine por ser hombres, por ejemplo en casos de violencia de género donde un hombre no puede acogerse a la presunción de inocencia y es directamente privado de su libertad sin pruebas hasta el juicio.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.