Sábado 20 Abril 2024

Alumnos e profesores galegos poñen rumbo ao Círculo Polar Ártico

Polar Raid Universitario Laponia 2016 é unha sorprendente aventura. Os participantes nela percorrerán unha das paraxes europeas máis salvaxes: cruzarán o Círculo Polar Ártico e a Laponia de Finlandia e Noruega ata alcanzar o mítico Cabo Norte, desde o que se contempla a inmensidade do océano Ártico. Deste xeito preséntase unha expedición na que, nas vacacións de Semana Santa de 2016, participan estudantes e profesores galegos, como os docentes da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense Daniel González e Miguel Reboiro e a egresada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra María López.

Campamento da Polar Raid.
Campamento da Polar Raid.

A cuarta edición desta viaxe, organizada pola Asociación Rexións Polares e Universia, contará coa participación dun centenar de estudantes de grao e posgrao, profesores e investigadores procedentes de 25 universidades, 23 delas españolas e dúas estranxeiras. A expedición é un reto que se afronta en equipos de tres a oito persoas, compartindo vehículo. Non ten carácter competitivo, sendo a meta de todos eles chegar ao Cabo Norte na data seleccionada. O obxectivo último das Polar Raid, explican desde a súa organización, é mostrar a realidade ambiental e cultural das rexións polares, principalmente do territorio ártico; a súa importancia como ecosistemas únicos e os seus problemas e expectativas de futuro.

Publicidade

Ao longo dunha semana os universitarios afondarán na realidade polar

Dentro do contexto dunha viaxe de aventura, a actividade ofrece ademais unha serie de vivencias únicas en aspectos educativos e formativos, fomentando valores como a iniciativa, a toma de decisións, a solidariedade e o espírito de equipo. A Polar Raid tamén persegue que os participantes tomen conciencia da importancia da conservación da natureza, e o seu uso racional nos ámbitos educativos, empresarial, recreativo e deportivo, e que coñezan outras culturas, principalmente a Sami. Deste xeito, a programación inclúe actividades como visitar a escola de formación deste pobo e o seu parlamento.

Durante as diferentes etapas superaranse en equipo unha serie de retos e os participantes aprenderán técnicas básicas de supervivencia en neve (como orientación, refuxios, pesca sobre lagos e ríos xeados); visitarán museos, universidades e centros de investigación e asistirán a conferencias específicas (de eidos como historia, socioloxía, dereito, economía e investigación ártica). O programa de actividades incluirá desde a observación das auroras boreais ou o baño nun lago xeado ata aprender a construír iglús, a andar sobre a neve con raquetas ou a montar unha tenda de campaña de alta montaña.

O proxecto cardiovascular dun estudante de Medicina da USC

Algún dos participantes aproveitará o Polar Raid para ensaiar proxectos de investigación. Tal é o caso do estudante de cuarto curso de Medicina da Universidade de Santiago Aarón Martínez, quen participará cun proxecto de investigación sobre o risco cardiovascular da comunidade Sami, pobo indíxena da Laponia.

Aarón Martínez estudou en San Francisco (California) e Malmö (Suecia), onde realizou o bacharelato internacional. Este ano obtivo a prestixiosa bolsa de investigación da Asociación Española Contra o Cancro coa que durante dous meses estudou no Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Biosanitaria de Santiago a relación da metástase e as plaquetas. En concreto, para a súa investigación en Laponia partirá da hipótese de que na zona norte de Europa existe un maior risco cardiovascular que no sur. Para iso, estudará os hábitos de vida da comunidade Sami (alimentación, actividades, etc…) e analizará o risco cardiovascular asociado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'