video 360 santiago

A Universidade de Santiago, retratada en vídeo en 360º

O documental realizado por alumnos de Comunicación presenta os campus composteláns en realidade virtual

O documental USC360 é un conxunto de catro pezas sobre a vida universitaria, a cultura, a ciencia, o deporte a historia da Universidade de Santiago gravadas en 360º, o que o converte nun dos primeiros proxectos destas características que se realiza en Galicia. Os seus promotores, un grupo de estudantes de 4º de Xornalismo dirixidos por Manuel Gago no marco da materia de Novos formatos e produtos para a rede, presentaron este xoves o documental na Sala 3 de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación.

A presentación, logo dunha explicación do proxecto e da tecnoloxía empregada,  realizouse coa utilización de lentes de realidade virtual, o que permitiu aos asistentes descubrir distintos puntos da vida universitaria, tales como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca América ou o pavillón de atletismo do campus.

O documental fai uso de tecnoloxía xa empregada en medios diversos medios de comunicación nacionais e internacionais como forma de enriquecer e expandir a experiencia de usuarios/as na súa aproximación a determinadas realidades. Neste senso, os autores explicaron que a realidade virtual está facerse un oco en case todos os campos do entretemento e a comunicación, dende videoxogos e series de realidade aumentada ata reportaxes e noticias, de xeito que o público séntese inmerso no lugar dos feitos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.